Recent Posts Widget With Thumbnails

Descrición

Lista as entradas máis recentes con títulos, miniaturas, extractos, autores, categorías, datas e moito máis!

Aínda que o plugin está pensado só para áreas de widgets, os usuarios informaron de que funciona en Elementor e funciona en Oxygen. Non se sabe se funciona noutros maquetadores de páxinas. Dime en que maquetador de páxinas conseguiches usar o plugin correctamente.

O plugin non recompila ningún dato persoal, polo que está listo para cumprir o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) da UE.

Lixeiro, sinxelo e efectivo

Nada de widgets enormes con centos de opcións. Este plugin baséase no coñecido widget por defecto de WordPress «Entradas recentes» e amplíase para amosar máis información sobre as entradas, como miniaturas, extractos e categorías asignadas. Ademais, ofrece máis opcións para crear listas de entradas á medida.

As miniaturas crearanse a partir da imaxe destacada dunha entrada ou da primeira imaxe do contido da entrada. Se non hai imaxe destacada nin imaxe no contido, podes definir unha miniatura por defecto.

Podes establecer o ancho e o alto das miniaturas na lista. As miniaturas aparecen aliñadas á esquerda dos títulos das entradas nos idiomas de esquerda a dereita. Nos idiomas de dereita a esquerda aparecen aliñadas á dereita.

Tipo de contido personalizado

Se queres listar tipos de contido personalizados coa imaxe destacada, consulta o noso plugin Ultimate Post List Pro.

Demostración

Queres probar Recent Posts Widget With Thumbnails antes de instalalo no teu sitio? Próbao no teu sitio de proba individual e gratuíto e fai clic aquí.

O que escribiron os usuarios

Vídeos dos usuarios

Algúns usuarios publicaron tutoriais en vídeo en YouTube:

Opcións que podes establecer

  1. Título do widget
  2. Número de entradas listadas
  3. Abrir as ligazóns das entradas en novas ventás
  4. Diferentes opcións para a orde e a ordenación das entradas
  5. Ocultar a entrada actual na lista
  6. Amosar só as entradas fixas
  7. Ocultar as entradas fixas
  8. Manter as entradas fixas na parte superior da lista se non están ocultas
  9. Ocultar o título da entrada
  10. Lonxitude máxima do título da entrada
  11. Amosar o nome do autor da entrada
  12. Etiqueta para os nomes dos autores
  13. Amosar as categorías das entradas
  14. Amosar os nomes das categorías das entradas como ligazóns aos seus arquivos
  15. Etiqueta para as categorías
  16. Mostrar a data de publicación
  17. Amosar o extracto da entrada
  18. Amosar o número de comentarios
  19. Lonxitude do extracto
  20. Símbolos despois do extracto
  21. Ignorar o campo de extracto da entrada como orixe do extracto (crea os extractos só a partir do contido da entrada)
  22. Ignorar o contido da entrada como orixe do extracto (crea os extractos só a partir dos campos de extracto)
  23. Amosar as entradas das categorías seleccionadas (ou de todas as categorías)
  24. Amosar a miniatura da entrada (imaxe destacada)
  25. Dimensións das miniaturas rexistradas
  26. Ancho da miniatura en px
  27. Alto da miniatura en px
  28. Manter a relación de aspecto das miniaturas
  29. Tentar usar a primeira imaxe da entrada como miniatura
  30. Usar só a primeira imaxe da entrada como miniatura
  31. Usar a miniatura por defecto se non hai ningunha miniatura dispoñible
  32. Usar sempre a miniatura por defecto
  33. URL da miniatura por defecto
  34. Texto alternativo da miniatura por defecto
  35. Omitir todos os textos alternativos das miniaturas para unha mellor accesibilidade
  36. Imprimir os slugs das categorías das entradas no atributo class dos elementos LI
  37. Imprimir CSS integrado en lugar de crear un arquivo CSS
  38. Sen xeración de CSS

Consellos útiles para desenvolvedores: ganchos compatibles

O plugin ten en conta a saída das accións enganchadas a:

  1. rpwwt_widget_posts_args
    • argumento pasado: os argumentos da consulta como array
    • valor de retorno esperado: un array de argumentos de consulta
  2. widget_title
    • argumentos pasados:
      1. o título do widget como cadea
      2. os axustes do widget como array
      3. o ID base do widget como cadea
    • valor de retorno esperado: unha cadea
  3. rpwwt_excerpt_length
    • argumento pasado: o número máximo de caracteres do extracto da entrada como enteiro
    • valor de retorno esperado: un enteiro
  4. rpwwt_excerpt_more
    • argumento pasado: a cadea que se engadirá despois do extracto da entrada
    • valor de retorno esperado: unha cadea
  5. rpwwt_the_excerpt
    • argumentos pasados:
      1. o contido do campo de extracto da entrada como cadea
      2. o obxecto da entrada
    • valor de retorno esperado: unha cadea
  6. the_excerpt
    • argumento pasado: o extracto da entrada como cadea
    • valor de retorno esperado: unha cadea
  7. rpwwt_categories
    • argumento pasado: a lista de categorías de cada entrada como cadea
    • valor de retorno esperado: unha cadea
  8. rpwwt_list_cats
    • argumentos pasados:
      1. o nome da categoría como cadea
      2. a categoría como array
    • valor de retorno esperado: unha cadea

Consellos útiles para desenvolvedores: selectores CSS dispoñibles

Para deseñar a lista e os seus elementos, podes usar estes selectores CSS:

.rpwwt-widget: the element which contains the post list
.rpwwt-widget ul: the list which contains the list items
.rpwwt-widget ul li: the list item in the list
.rpwwt-widget ul li.rpwwt-sticky: the list item of a sticky post
.rpwwt-widget ul li a: link in the list
.rpwwt-widget ul li a img: linked image
.rpwwt-widget ul li a span.rpwwt-post-title: the post title
.rpwwt-widget ul li div.rpwwt-post-author: the post author
.rpwwt-widget ul li div.rpwwt-post-categories: the post category list
.rpwwt-widget ul li div.rpwwt-post-date: the post date
.rpwwt-widget ul li div.rpwwt-post-excerpt: the post excerpt
.rpwwt-widget ul li div.rpwwt-post-excerpt .rpwwt-post-excerpt-more: the "more" text following the excerpt.
.rpwwt-widget ul li div.rpwwt-post-comments-number: the number of comments

Idiomas

A interface de usuario está dispoñible en varios idiomas.

Desde a versión 7.1.0 a xestión das traducións moveuse a translate.wordpress.org.
Axuda a traducir a máis idiomas ou revisa as traducións actuais se pensas que é necesario.
Se fixeches a túa tradución, deixa un comentario no foro de soporte do plugin. Encargareime da revisión e a aprobación.

Capturas

Instalación

Usando o Escritorio de WordPress

  1. Vaia a ‘Agregar novo’ no panel de plugins
  2. Busca «Recent Posts Widget With Thumbnails»
  3. Faga clic en ‘Instalar agora’
  4. Active o plugin no panel de Plugins
  5. Vai a «Aparencia» => «Widgets» e selecciona «Recent Posts Widget With Thumbnails»

Subir no Panel de WordPress

  1. Vaia a ‘Agregar novo’ no panel de plugins
  2. Navega ata a área ‘Subir’
  3. Selecciona recent-posts-widget-with-thumbnails.zip no teu ordenador
  4. Faga clic en ‘Instalar agora’
  5. Active o plugin no panel de plugins
  6. Vai a «Aparencia» => «Widgets» e selecciona «Recent Posts Widget With Thumbnails»

Usando FTP

  1. Descarga recent-posts-widget-with-thumbnails.zip
  2. Extrae o directorio recent-posts-widget-with-thumbnails no teu ordenador
  3. Sube o directorio recent-posts-widget-with-thumbnails ao directorio /wp-content/plugins/
  4. Active o plugin no panel de plugins
  5. Vai a «Aparencia» => «Widgets» e selecciona «Recent Posts Widget With Thumbnails»

Preguntas frecuentes

Cales son os requisitos deste plugin?

A versión de WordPress debe ser como mínimo a 4.6.

A versión de PHP debe ser como mínimo a 5.6.

O tema debería ser compatible con wp_head() na sección de cabeceira do HTML para imprimir o código CSS que aliña ben as miniaturas.

Podo establecer unha miniatura por defecto?

Si. Escribe o enderezo web da miniatura e fai clic en «Gardar». Isto é todo.

Podo establecer o ancho e o alto da miniatura?

Si. Podes introducir o ancho e o alto desexados das miniaturas ou seleccionar un dos tamaños establecidos en «Axustes» > «Medios».

Podo cambiar o aliñamento das miniaturas na lista?

Para manter o plugin lixeiro: non. Establece o aliñamento no CSS do teu tema.

Onde podo establecer o CSS da lista?

Para manter o plugin lixeiro: non. Establece o CSS no Personalizador, en «CSS adicional».

Pode o plugin usar a primeira imaxe dunha entrada como miniatura?

Si. Funciona con imaxes subidas previamente á biblioteca multimedia. Podes elixir que se prefira a primeira imaxe á imaxe destacada ou usar só a primeira imaxe.

Como manter as etiquetas HTML nos extractos?

Usa a caixa «Extracto» debaixo do editor na páxina de edición dunha entrada na administración. O plugin usa eses extractos definidos polo usuario sen cambios, «tal cal».

Se non hai texto na caixa «Extracto», o plugin tenta crear un extracto a partir do contido da entrada. Como existe a opción «lonxitude máxima do extracto», acurtar o contido HTML provocaría erros graves de deseño. Por iso, antes de acurtalo elimínanse todas as etiquetas HTML e os shortcodes.

Onde está o arquivo *.pot para traducir o plugin a calquera idioma?

O plugin xa non inclúe ningún arquivo pot. Coa versión 7.1 a tradución moveuse a translate.wordpress.org.
Se queres achegar unha tradución do plugin ao teu idioma, sería estupendo!

Comentarios

15 de Outubro de 2026 1 resposta
good plugin
10 de Outubro de 2026
Displaying recent posts in the sidebar, is a core feature for my website and this plugin solves this requirement perfectly. But what i value most is, that although free, the service reacts fast and competent. Thanks!
18 de Setembro de 2026 1 resposta
It’s a great plugin; I use it on several of my websites to display a list of recent posts, and the best part is that it doesn't just show text—it includes a post preview and a direct link to the post itself.
10 de Outubro de 2025 1 resposta
It's great that your plugin has so many settings for widgets. Thanks for making it.
Ler todas as 215 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Recent Posts Widget With Thumbnails” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Recent Posts Widget With Thumbnails” foi traducido a 21 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Recent Posts Widget With Thumbnails” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

7.2.0

  • Engadiuse a prevención de acceso directo aos arquivos
  • Evitáronse nomes globais ambiguos de WordPress
  • Completáronse os dominios de tradución e as cadeas literais
  • Engadiuse contexto para os tradutores
  • Usáronse funcións de utilidade nativas de WordPress
  • Aplicáronse comparacións estritas de arrays
  • Melloráronse a accesibilidade para lectores de pantalla
  • Eliminouse o uso obsoleto de wp_get_sites
  • Elevouse a versión mínima de WordPress á 4.6
  • Elevouse a versión mínima de PHP á 5.6
  • Corrixiuse o uso dos marcadores de posición SQL nas buscas de adxuntos
  • Reforzouse o escape dos axustes do widget e da saída da portada
  • Substituíronse as operacións directas con arquivos CSS pola API Filesystem de WordPress
  • Substituíuse a consulta directa á base de datos de adxuntos pola API multimedia de WordPress

7.1.1

  • Restaurouse a compatibilidade con PHP 5.x

7.1.0

  • Engadiuse a característica de orde e ordenación das entradas (solicitude de característica: https://wordpress.org/support/topic/sort-posts-by-title/)
  • Engadiuse a clase .rpwwt-post-excerpt-more para o texto «máis» que segue ao extracto. (solicitude de característica: https://wordpress.org/support/topic/class-for-more-sign/)
  • Eliminouse a compatibilidade con PHP 5
  • Movéronse os arquivos de idioma a translate.wordpress.org. Así que colabora como tradutor para que Recent Posts Widget With Thumbnails estea dispoñible en máis e máis idiomas.
  • Compatibilidade con WordPress 5.8

7.0.3

  • nova imaxe de marca
  • Probado correctamente con WordPress 5.6.2

7.0.2

  • Corrixíronse comentarios en uninstall.php
  • Probado correctamente con WordPress 5.6

7.0.1

  • Engadiuse a tradución ao catalán, grazas a Ibidem Group
  • Probado correctamente con WordPress 5.5.3

7.0.0

  • Engadiuse unha opción para omitir todos os textos alternativos das imaxes e mellorar a accesibilidade
  • Engadiuse un atributo ARIA para o elemento da lista da páxina actual para mellorar a accesibilidade
  • Revisouse a saída se a entrada non ten título
  • Revisáronse as funcións de visualización das miniaturas
  • Mellorouse a descrición do texto alternativo por defecto
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do formulario do widget

6.9.0

  • Engadiuse unha opción para o texto alternativo da miniatura por defecto
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do formulario do widget

6.8.0

  • Engadiuse unha opción para o nome do autor (establece unha etiqueta se activaches os nomes dos autores)
  • Engadíronse marcadores de posición para os campos de texto
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Probado correctamente con WordPress 5.5.1
  • Actualizouse a captura de pantalla do formulario do widget

6.7.1

  • Engadiuse o elemento NAV arredor da lista de entradas se o tema é compatible co tipo «navigation-widgets» (introducido en WP 5.5)
  • Engadiuse aria-label ao elemento NAV para mellorar a accesibilidade
  • Engadiuse o atributo loading=”lazy” á imaxe por defecto (introducido en WP 5.5)
  • Probado correctamente con WordPress 5.5

6.7.0

  • Engadiuse un novo gancho para desenvolvedores, «rpwwt_categories», para modificar a lista de categorías de cada elemento da lista
  • Engadiuse a tradución ao español
  • Probado correctamente con WordPress 5.3.2

6.6.1

  • Probado correctamente con WordPress 5.3

6.6.0

  • Engadiuse unha opción para amosar só a miniatura por defecto
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Probado correctamente con WordPress 5.2.4
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

6.5.1

  • Probado correctamente con WordPress 5.2.1

6.5.0

  • Engadiuse unha opción para usar só os campos de extracto como orixe dos extractos
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Probado correctamente con WordPress 5.0.3
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

6.4.1

  • Revisouse a selección do tamaño de imaxe se se usa o nome dun tamaño de imaxe rexistrado
  • Cambiáronse os nomes das variables en get_first_content_image_id()
  • Cambiouse a inicialización das variables site_protocol e site_url
  • Probado correctamente con WordPress 5.0.2

6.4.0

  • Engadiuse unha opción para omitir a xeración de CSS
  • Moveuse a opción dos nomes de clase CSS á sección «Axustes adicionais»
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

6.3.1

  • Corrixíronse as ligazóns «máis» que faltaban nos extractos dos campos de extracto
  • Corrixiuse un salto de liña que faltaba no formulario do widget

6.3.0

  • Engadiuse unha opción para amosar só as entradas fixas
  • Engadiuse unha opción para imprimir CSS integrado en lugar de escribilo nun arquivo
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración
  • Probado correctamente con WordPress 4.9.8

6.2.1

  • Corrixíronse as entradas fixas que faltaban nas listas filtradas por categoría
  • Probado correctamente con WordPress 4.9.7

6.2

  • Engadiuse unha opción para que os nomes das categorías sexan ligazóns ou non
  • Engadíronse subtítulos no widget para unha aparencia máis completa
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración
  • Probado correctamente con WordPress 4.9.5

6.1

  • Engadiuse o novo gancho de filtro «rpwwt_the_excerpt» para extractos manuais
  • Eliminouse a sanitización do título do widget para permitir código HTML na saída
  • Probado correctamente con WordPress 4.9.4

6.0

  • Engadiuse unha opción para unha etiqueta de categoría personalizada
  • Mellorouse o recoñecemento das primeiras imaxes nos contidos das entradas (agora considera as rutas relativas ao dominio e ao protocolo)
  • Corrixiuse a desactivación das miniaturas que faltaba na versión 5.3
  • Revisáronse as comprobacións das variables
  • Máis refactorización para simplificar a xestión do código
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

5.3

  • Engadiuse unha opción para ocultar as entradas fixas
  • Cambiouse o filtro de extracto de «the_content» a «the_excerpt»
  • Refactorización completa para simplificar a xestión do código
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Probado correctamente con WordPress 4.9.2

5.2.2

  • Corrixiuse a característica que faltaba de abrir as ligazóns dos extractos en novas ventás
  • Revisáronse as FAQ

5.2.1

  • Engadiuse a tradución ao grego. Grazas, Kostas Arvanitidis!
  • Probado correctamente con WordPress 4.9.1

5.2

  • Engadiuse unha opción para establecer o texto «máis» como ligazón
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e algunhas traducións

5.1.2

  • Engadiuse a tradución ao xaponés. Moitas grazas, Kazuyuki Kumai
  • Probado correctamente con WordPress 4.8.2

5.1.1

  • Engadiuse a tradución ao turco. Moitas grazas, Mehmet HAKAN
  • Engadiuse a información «Requires PHP» en readme.txt
  • Probado correctamente con WordPress 4.8.1

5.1

  • Revisáronse as sanitizacións de textos e URL nas páxinas
  • Revisáronse as traducións
  • Probado correctamente con WordPress 4.8

5.0

  • Eliminouse o uso da caché
  • Eliminouse o uso de extract()
  • Mellorado: comprobación máis rápida de que a primeira imaxe atopada sexa realmente unha imaxe
  • Probado correctamente con WordPress 4.7.2

4.13.3

  • Revisouse a tradución da liña do autor

4.13.2

  • Revisouse o modelo do widget para axustarse máis á saída estándar dos widgets de WP

4.13.1

  • Probado correctamente con WordPress 4.7

4.13

  • Engadiuse unha opción para imprimir os slugs das categorías das entradas como nomes de clase nos elementos LI
  • Corrixiuse a URL obsoleta das recensións
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán

4.12

  • Engadiuse unha opción para ignorar o campo de extracto da entrada como orixe do extracto
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán

4.11

  • Revisouse a función de desinstalación para WordPress 4.6 debido á introdución da clase WP_Site_Query
  • Limitouse a carga do arquivo CSS de administración do plugin só á páxina de Widgets
  • Probado correctamente con WordPress 4.6

4.10.2

  • Corrixiuse a lonxitude incorrecta dos extractos

4.10.1

  • Engadiuse chmod despois de crear public.css para garantir os permisos correctos do arquivo
  • Revisouse a creación de extractos

4.10

  • Corrixiuse a orde de antigas a novas das entradas nalgunhas instalacións para forzar a orde de novas a antigas
  • Corrixiuse unha tradución obsoleta
  • Engadiuse a tradución ao ruso. Moitas grazas, dmitriynn
  • Probado correctamente con WordPress 4.5.2

4.9.2

  • Engadiuse a tradución ao polaco. Moitas grazas, Marcin Mikolajczyk
  • Mellorado: os extractos manuais tómanse sen cambios («tal cal»)
  • Internacionalización da descrición na lista de plugins da administración
  • Probado correctamente con WordPress 4.5
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións

4.9.1

  • Mellorouse a integración de plugins de terceiros para efectos na miniatura

4.9

  • Engadiuse a opción: Abrir as ligazóns das entradas en novas ventás
  • Restaurouse o nome: o gancho «rpwwt-widget-title» volve ser «widget-title» para que os plugins de terceiros poidan cambiar o título
  • Mellorouse a sanitización das variables almacenadas
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

4.8

  • Engadiuse a opción: Amosar o autor da entrada
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

4.7

  • Engadiuse a opción: Orde aleatoria das entradas
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración
  • Probado correctamente con WordPress 4.4.2

4.6.2

  • Renomeáronse os nomes dos ganchos para evitar interferencias con outras funcións de plugins e do tema. Se usas estes ganchos para ese plugin, cámbiaos: só tes que poñer «rpwwt_» diante dos nomes dos ganchos
  • Mellorado: o último elemento da lista xa non deixa espazo co seguinte widget para manter o mesmo espazo entre widgets

4.6.1

  • Corrixido: título do widget. Agora, se non se introduce ningún título, non se amosa ningún (en vez de amosar o nome do plugin)
  • Corrixido: comas na lista de categorías. Agora as comas están internacionalizadas (traducidas)

4.6

  • Engadiuse a opción: Categorías da entrada
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración

4.5.1

  • Moveuse a caixa de verificación de comentarios á posición posterior aos campos de formulario das opcións de extracto
  • Probado correctamente con WordPress 4.4

4.5

  • Engadiuse a opción: Lonxitude do título da entrada
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións

4.4

  • Engadiuse a opción: Amosar o número de comentarios
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións

4.3.4

  • Corrixiuse a busca que se detiña na ligazón «máis»
  • Eliminouse a sangría visual da lista de ligazóns nalgúns temas
  • Refactorizouse a variable do tamaño da miniatura

4.3.3

Mellorouse a sanitización de datos

4.3.2

  • Engadiuse a descrición do widget segundo o idioma da administración
  • Corrixiuse o nome do dominio de texto para translate.wordpress.org
  • Renomeáronse os arquivos de tradución

4.3.1

  • Pequenas adaptacións dos arquivos de idioma, listos para translate.wordpress.org
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e as traducións

4.3

  • Engadiuse a tradución ao árabe. Moitas grazas, Shadi AlZard
  • Probado correctamente con WordPress 4.3.1

4.2.1

  • Corrixiuse o aliñamento do texto e da miniatura nos idiomas de dereita a esquerda (RTL). Volve gardar o widget para obter o deseño correcto nos idiomas RTL.

4.2

  • Engadiuse a tradución ao persa (farsi). Moitas grazas, Sajjad Panahi
  • Probado correctamente con WordPress 4.3

4.1

  • Cambiouse a selección única dunha categoría pola selección de varias categorías
  • Engadiuse un DIV co id rpwwt-{widget_id} e a clase rpwwt-widget arredor da lista para dispor dun contedor cun atributo garantido para os selectores CSS
  • Actualizouse o CSS de administración
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán
  • Actualizouse a captura de pantalla do widget na administración
  • Revisouse readme.txt

4.0

  • Engadiuse a opción de categoría: o widget só lista as entradas dunha categoría seleccionada; se non, lista as entradas de todas as categorías
  • Engadiuse a opción de entradas fixas: o widget amosa as entradas fixas na parte superior da lista; se non, lístaas en orde normal
  • Engadiuse a opción de ocultar a entrada actual: o widget non lista a entrada na que está o usuario; se non, lístaa
  • Engadíronse nomes de clase CSS para deseñar facilmente a lista e os seus elementos; consulta a descrición para máis detalles
  • Engadiuse unha folla de estilos para a páxina de Widgets na administración
  • Corrixíronse os tamaños de imaxe personalizados que faltaban na portada
  • Formatouse o código para que sexa máis lexible
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán
  • Actualizáronse as capturas de pantalla
  • Revisouse readme.txt

3.0

  • Engadiuse un menú despregable cos tamaños de imaxe por defecto
  • Engadíronse opcións para imprimir extractos
  • Refactorizado: a saída HTML moveuse a arquivos incluídos
  • Pequenas melloras de seguridade e rendemento
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán
  • Revisouse readme.txt

2.3.3

  • Corrixiuse a mensaxe de erro ao tentar abrir o arquivo CSS
  • Probado correctamente con WordPress 4.2.2

2.3.2

  • Corrixiuse un fallo na ruta incorrecta ao arquivo public.css
  • Cambiáronse os nomes das clases HTML, agora comezan por «rpwwt-»

2.3.1

  • Establecéuse o CSS do estilo da lista para evitar puntos nalgúns temas
  • Engadiuse un elemento span coa clase «post-title» arredor do título
  • Probado correctamente con WordPress 4.2

2.3

  • Engadiuse unha opción para manter as relacións de aspecto das imaxes orixinais
  • Engadiuse unha opción para ocultar o título da entrada na lista
  • Moveuse o CSS integrado a un arquivo externo
  • Revisáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán

2.2.2

  • Probado correctamente con WordPress 4.1
  • Corrixiuse un fallo que lanzaba unha advertencia en modo de depuración ao acceder ás opcións

2.2.1

  • Corrixiuse un fallo que impedía atopar a primeira imaxe do contido
  • Revisouse lixeiramente o algoritmo para detectar a primeira imaxe do contido da entrada

2.2

Revisouse o algoritmo para detectar a primeira imaxe do contido da entrada.

2.1.1

Probado correctamente con WordPress 4.0

2.1

  • Mellorouse a rutina de desinstalación
  • Probado correctamente con WordPress 3.9.2

2.0

  • Engadiuse unha opción para establecer o ancho e o alto das miniaturas
  • Engadiuse unha opción para preferir a primeira imaxe do contido á imaxe destacada
  • Engadiuse unha opción para usar só a primeira imaxe do contido como miniatura
  • Engadiuse unha opción para establecer unha miniatura por defecto
  • Engadiuse unha función para eliminar os axustes do plugin na base de datos se se elimina o plugin
  • Mellorouse o código para maior robustez
  • Actualizáronse o arquivo *.pot e a tradución ao alemán

1.0

  • Lanzouse o plugin.