WPvivid — Backup, Migration & Staging

Descrición

WPvivid Backup & Migration Plugin ofrece copias de seguridade, migración e creación de sitios de probas (crear un sitio de probas nun subdirectorio para probar de forma segura WordPress, plugins, temas e cambios no sitio web) como funcións básicas.

WPvivid Backup & Migration para MainWP

WPvivid Backup & Migration para MainWP xa está dispoñible para descargar.
WPvivid Backup & Migration para MainWP permíteche configurar e controlar WPvivid Backup & Migration para todos os sitios fillos directamente desde o teu panel de control MainWP.

WPvivid Backup & Migration Pro xa está dispoñible

  • Personaliza todo para facer unha copia de seguridade
  • Crea sitios de proba e lanza o sitio de proba ao sitio en producción
  • Copias de seguridade incrementábeis
  • Cifrado de copias de seguridade da base de datos
  • Copia de seguridade automática do núcleo de WordPress, temas e plugins
  • Copia de seguridade de WordPress multisitio
  • Sitios de probas multisitio de WordPress
  • Crea unha nova instalación de WP
  • Copias de seguridade remotas avanzadas
  • Programas de copias de seguridade avanzadas
  • Restaurar copias de seguridade remotas
  • Migra un sitio mediante almacenamento remoto
  • Migra un subsitio (MU) a unha instalación independente de WordPress
  • WPvivid Backup & Migration Pro de marca branca
  • Controlar o acceso dos usuarios a WPvivid Backup & Migration Pro
  • Máis características sorprendentes

Mira un video de WPvivid Backup & Migration Pro:

Obter WPvivid Backup & Migration Pro

Características do núcleo

1. Copias de seguridade doadas

Crea facilmente unha copia de seguridade do teu sitio de WordPress. Podes optar por facer unha copia de seguridade de todo o sitio (base de datos + arquivos), todos os arquivos ou só a base de datos.

2. Migración automática

Clona e migra o teu sitio de WordPress a un novo dominio cun só clic. WPvivid Backup Plugin es compatible coa migración do sitio desde o entorno de desenvolvemento a un novo servidor, desde o entorno de desenvolvemento a un novo dominio ou dun servidor en producción a outro.

3. Crea un sitio de probas

Crea un sitio de proba nun subdirectorio do teu sitio de produción para probar de forma segura WordPress, plugins, temas e cambios na web. Podes escoller que copiar do sitio en producción ao sitio de proba.

4. Copias de seguridade programadas

Establece unha programación para executar copias de seguridade automaticamente no teu sitio web. Podes establecer as copias de seguridade para que se executen cada 12 horas, diariamente, semanalmente, quincenais, mensuais e escoller os elementos e o destino da copia de seguridade.

5. Copia de seguridade en almacenamento remoto

Envía as túas copias de seguridade fóra do sitio a unha localización remota. El plugin WPvivid Backup é compatible cos principais provedores de almacenamento na nube: Dropbox, Google Drive, Amazon S3, Microsoft OneDrive, DigitalOcean Spaces, FTP e SFTP.

6. Restauración en 1-clic

Restaura o teu sitio de WordPress dende unha copia de seguridade nun só clic.

Compatible con almacenamento na nube

WPvivid Backup & Migration plugin admite Dropbox, Google Drive, Microsoft OneDrive, Amazon S3, DigitalOcean Spaces, SFTP e FTP. WPvivid Backup & Migration Pro tamén admite Wasabi, pCloud, Backblaze, WebDav e moito máis.

Requisitos mínimos para utilizar WPvivid Backup & Migration plugin

  • Codificación de caracteres UTF-8
  • PHP versión 5.3
  • MySQL versión 4.1
  • WordPress 4.5

Servizos externos

Este plugin pode conectarse opcionalmente a provedores de almacenamento de terceiros (Google Drive, Dropbox, Microsoft OneDrive, Amazon S3, DigitalOcean Spaces e servidores FTP/SFTP) para gardar os arquivos das copias de seguridade. Cando o almacenamento remoto está activado, os arquivos das copias de seguridade e os tokens de identificación necesarios envíanse á API do servizo seleccionado. O uso destes servizos está suxeito aos seus propios termos e políticas de privacidade.

Capturas

Instalación

Instalar WPvivid Backup & Migration Plugin

1. Vai ao panel de administración dos teus sitios. 2. Navega ao menú de complementos e busca WPvivid Backup & Migration. 3. Busca WPvivid Backup & Migration e fai clic en Instalar. 4. Fai clic en Activar.

Preguntas frecuentes

Qué fai WPvivid Backup & Migration Plugin?

Como o seu nome di, WPvivid Backup Plugin é un plugin gratuíto todo nun de copia de seguridade de WP que che permite clonar e migrar facilmente un sitio de WordPress a un novo dominio, realizar copias de seguridade manuais e programadas do teu sitio de WordPress e facer unha copia de seguridade a un almacenamento na nube e restaura copias de seguridade directamente desde o panel de administración do teu sitio.

WPvivid Backup & Migration Plugin tamén pode migrar o meu sitio? É unha función gratuíta?

Si, WPvivid Backup & Migration Plugin admite a migración dun sitio de WordPress.
Si, a función de migración é totalmente gratuíta.

Con cantas opcións na nube é compatible WPvivid Backup Plugin? Son de acceso gratuíto?

WPvivid Backup & Migration Plugin admite Dropbox, Google Drive, Amazon S3, Microsoft OneDrive, DigitalOcean Spaces, FTP e SFTP.
Si, todo o acceso á nube é gratuíto.

Podo usar WPvivid Backup & Migration Plugin para restaurar o meu sitio?

Si, podes usar WPvivid Backup & Migration Plugin para restaurar un sitio de WordPress dende unha copia de seguridade. Sen límites, sen ataduras.

Ofreces soporte para WPvivid Backup & Migration Plugin? Onde?

Sempre que necesites axuda, inicia un fío no foro de asistencia para WPvivid Backup & Migration Plugin ou contacta connosco.

Tes algunha guía/documento inicial?

Sí, facémolo. Aquí tes as guías para migrar o teu sitio a un novo servidor, crear unha copia de seguridade manual, restaurar o teu sitio desde unha copia de seguridade e moito máis na nosa páxina de documentos.

Comentarios

3 de Novembro de 2026 1 resposta
Excellent plugin. I’ve tried several, but this one is the best of all. It is very easy to use, fast, secure, and works great—whether for backing up an entire site or individual pages—and it also makes restoring sites very easy and secure.
2 de Novembro de 2026 1 resposta
I’m very happy with WPvivid Pro, especially the fast and efficient support. It’s reassuring to know that help is available when you need it and that questions are handled so promptly. The excellent support alone deserves five stars. Highly recommended!
1 de Novembro de 2026 3 respostas
I initially had a frustrating experience with WPvivid, particularly when trying to restore backups, and seriously considered moving back to UpdraftPlus. However, I decided to persevere, and I'm glad I did! After working through a few quirks and getting familiar with how everything works, my experience has improved significantly. The plugin has plenty of powerful features, and once properly configured, it works really well. There's still room for improvement in making certain processes more intuitive, but I'm now much happier with my lifetime license. Glad I gave it another chance!
28 de Outubro de 2026 1 resposta
Not much more to say. It's always a pleasure to use a plugin that works exactly as described. Made migrating a site super easy, and also quick/easy on-the-fly backups when needed before trying risky stuff on your site. Thank you!
Ler todas as 1.571 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“WPvivid — Backup, Migration & Staging” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“WPvivid — Backup, Migration & Staging” foi traducido a 42 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “WPvivid — Backup, Migration & Staging” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

0.9.139

  • Corrixido: un problema que impedía instalar correctamente a versión 0.9.138.

0.9.138

  • Corrixíronse dúas vulnerabilidades no código do plugin.

0.9.137

  • Corrixidos algúns problemas de seguridade no código do plugin. Grazas especiais a Karthik Ramakrishnan, Qi Qin e WPScan por informar deles e axudar coas correccións.

0.9.136

  • Actualizada a biblioteca phpseclib3 para mellorar a compatibilidade co almacenamento na nube por SFTP.
  • Corrixido: os axustes de Database Snapshot non se incluían ao exportar os axustes do plugin.

0.9.135

  • Corrixíronse algunhas vulnerabilidades no código do plugin. Un agradecemento especial a Badr Azeez. Alex Thomas e Wordfence Argus por informar delas e axudar coas correccións.

0.9.134

  • Corrixíronse dúas vulnerabilidades no código do plugin. Un agradecemento especial a Meher Sudhakar Abbireddi, reconnaissance e WPScan por informar delas e axudar coas correccións.

0.9.133

  • Corrixíronse algunhas vulnerabilidades no código do plugin. Un agradecemento especial a Duc Manh, Nir Yehoshua e WPScan por informar delas e axudar coas correccións.
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.132

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.

0.9.131

  • Corrixíronse dúas vulnerabilidades no código do plugin. Un agradecemento especial a Nir Yehoshua, de Cipher Security Labs, por informar delas e axudar coas correccións.

0.9.130

  • Corrixido: podía rexistrarse unha advertencia de PHP obsoleto despois de subir correctamente as copias de seguridade a Dropbox con PHP 8.2.

0.9.129

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.

0.9.128

  • Engadida compatibilidade total con WordPress 7.0.
  • Corrixido: a creación dun sitio de probas cunha base de datos independente fallaba se as credenciais da base de datos do sitio en produción contiñan comiñas simples.
  • Corrixíronse algúns problemas de estilo da interface introducidos en WordPress 7.0.

0.9.127

  • Engadidas opcións de tamaño dos fragmentos de subida e descarga para Google Drive.
  • Actualizada a hora de inicio das copias de seguridade programadas a unha hora aleatoria entre as 00:00:00 e as 00:30:00 UTC.
  • Corrixido un problema coa exploración de imaxes non utilizadas en PHP 8.5.

0.9.126

  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.125

  • Corrixido: a subida de copias de seguridade ao almacenamento remoto podía fallar nalgúns contornos de servidor.
  • Probado correctamente con WordPress 6.9.4.

0.9.124

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.
  • Corrixido un fallo de visualización da interface na páxina de edición do almacenamento na nube.

0.9.123

  • Mellorado: exclúese automaticamente o arquivo JSON de WPvivid ao subir os arquivos das copias de seguridade para evitar fallos na subida.
  • Corrixido: as subidas por SFTP podían fallar nalgúns contornos de servidor.
  • Corrixido: algunhas imaxes utilizadas explorábanse incorrectamente como non utilizadas.
  • Corrixido: erros tipográficos nos informes por correo electrónico das copias de seguridade.

0.9.122

  • Engadida a exclusión automática dos arquivos .DS_Store de macOS durante a copia de seguridade e a migración.
  • Probado correctamente con WorPress 6.9.

0.9.121

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.

0.9.120

  • Probado correctamente con PHP 8.4.13.
  • Probado correctamente con WordPress 6.8.3.

0.9.119

  • Cambiada a hora de inicio da programación das copias de seguridade a unha hora aleatoria entre as 00:00:00 e as 00:15:00 UTC para evitar unha posible sobrecarga do servidor pola copia de seguridade simultánea de moitos sitios.

0.9.118

  • Corrixido: a descarga de copias de seguridade podía fallar en servidores co Output Buffering activado.

0.9.117

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.
  • Corrixido: as páxinas dalgúns sitios con Elementor non se podían migrar correctamente.

0.9.116

  • Corrixido: a copia de seguridade en OneDrive podía fallar nalgúns casos.
  • Probado correctamente con WordPress 6.8.1.

0.9.115

  • Probado correctamente con WordPress 6.8.

0.9.114

  • Corrixido: a restauración podía fallar nalgúns casos ao restaurar desde unha versión inferior de WordPress.
  • Corrixido: engadir almacenamento SFTP podía fallar nun contorno con PHP 8.4.
  • Optimizouse a IU do plugin.

0.9.113

  • Engadidos 4 modos de rendemento das copias de seguridade para diferentes escenarios.
  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.
  • Probado correctamente con WordPress 6.7.2.

0.9.112

  • Corrixido: o estado da copia de seguridade non se podía obter correctamente en sitios de LocalWP con servidor Nginx.
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.111

  • Corrixido: as copias de seguridade en SFTP fallaban en sitios con PHP 8.2.26-nmm1 e 8.3.14-nmm1.
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.110

  • Engadida unha opción para incluír cartafoles con ligazóns simbólicas nunha copia de seguridade.
  • Corrixido: non se podía conectar a SFTP en sitios con PHP 8.2.26 e 8.3.14.
  • Corrixido: a ventá emerxente de Quick Snapshot aparecía cada vez que se cargaba unha páxina.
  • Probado correctamente con WordPress 6.7.1.

0.9.109

  • Corrixida unha advertencia que aparecía con WordPress 6.7.0.
  • Optimizouse o código do plugin.
  • Probado correctamente con WordPress 6.7.0.

0.9.108

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.
  • Corrixido: o plugin WP Cerber excluíase por defecto das copias de seguridade.

0.9.107

  • Corrixido: as copias de seguridade en GoogleDrive podían fallar co erro «Will not follow more than 5 redirects» nalgúns contornos.
  • Corrixidas algunhas advertencias de PHP de «Return type of WPvivid_Google_Collection» que aparecían nalgúns contornos.
  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.

0.9.106

  • Correxida unha vulnerabilidade no código do plugin.
  • Corrixido: non se podía enviar o informe por correo electrónico cando o enderezo contiña «-».
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.105

  • Corrixido: a subida de copias de seguridade a OneDrive fallaba cun erro 401 nalgúns contornos.
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.104

  • Actualizado: a carga automática (autoload) das opcións de WPvivid establécese en «No» por defecto.
  • Corrixido: a descarga de arquivos de copias de seguridade podía fallar nalgúns contornos.
  • Corrixido: a subida de copias de seguridade a GoogleDrive podía fallar nalgúns contornos.
  • Corrixíronse algúns erros no código do plugin.
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.103

  • Corrixido: a restauración fallaba cando unha copia de seguridade contiña mu-plugins/wp-stack-cache.php.
  • Corrixíronse algúns erros no código do plugin.
  • Refinouse e optimizouse o código do plugin.
  • Probado correctamente con WordPress 6.6.

0.9.102

  • Engadido: os tokens de almacenamento na nube agora están cifrados na base de datos.
  • Engadido: o carpeta lotties (se hai) incluirase nas copias de seguridade por defecto.
  • Solucionado: nalgúns casos non se podía substituír o dominio durante a migración.
  • Solucionado: nalgúns casos, engadir Digital Ocean Space fallaba.
  • Solucionado: as imaxes engadidas a través do complemento ACF serían exploradas como non utilizadas.
  • Corrixíronse algúns erros no código do plugin.
  • Optimizouse o código do plugin.

0.9.101

  • Solucionado: a configuración de retención non funcionaba para as copias de seguridade programadas.
  • Corrixido: a dixitalización de imaxes non usadas fallaba nalgúns casos.

Consulta as entradas anteriores do rexistro de cambios.